O Clube Ximnasia Tempo é un dos principais clubes de ximnasia artística femenina galegos. Situados na zona da Coruña e Oleiros, levamos máis de 15 anos adicados a difusión e ensinanza deste deporte. As nosas actividades abarcan dende o deporte de base ata o de competición a nivel Nacional.
O obxectivo deste portal é servir de punto de información sobre o Clube Tempo e a ximnasia artística femenina, difundindo todo tipo de contidos e fomentando a participación das nosas ximnastas e das súas familias na nosa web.